Rafa, alter ego do Señor Anido

Coñezo a Rafa hai poucos anos. Duns cantos concertos e dalgunha vez que cadramos por aí. E cada vez que me encontro con el é diferente. Trátase dunha desas persoas realmente imposibles de describir. Baixista, batería, intrépido guitarrista… só a el lle senta ben un chándal vermello do ano da pera que ás veces se pon nos concertos. Temos en común sobre todo unha cousa… bueno, dúas: gústannos as chavalas e a música, máis que nada no mundo. Rafa non para quieto. Non pode. Ten que crear e expresarse, e moitos agradecémosllo. Non se trata dun xenio incomprendido, porque moitos pensamos que de certo que o é.

 

   1- Faime por favor un resumo da túa traxectoria: o ano que empezaches a tocar, todos os grupos que tiveches (e os que pensas formar), etc.Escomecei no ano 92 ou por aí. Meu pai mercounos a min e máis ao meu irmán un ampli e unha guitarra moi trapapalleiras. Ó redor do 94 empezei a tocar cos amigos. As bandas espero que non me esqueza de ningunha, son máis ou menos estas:Taxi Driver, Suciedad 2.90, Xplicic Lyrics, Hemisferio Izquierdo, Espectra, Puzzle, Señor Anido, Estoy Friky, Dewo, Jiménez del Oso, Lamesugus, Iribarnes, Jiménez los Santos, Metralletas Lecheras…

2- ¿Quen é en realidade O Sr. Anido? ¿Que pretende?

Pois son eu mesmo botando fóra a miña creatividade de xeito espontáneo. No ano 2001 fíxenme cun catro pistas de terceira man e comecei a grabar. En total fixen 15 maquetas mesturando todos os meus  gustos: punk, garaxe, chatarra, electrónica, experimental, ambient….

O catro pistas deixou de funcionar e tiven que parar, pero no verán do 2007 volvín a dar concertos e terminei grabando a maqueta 16 que podedes escoitar aquí:

http://www.myspace.com/sranidosrreal  

3- ¿Por que tiveches tantas bandas? ¿Non podes ter un can ou ir ó cine no tempo libre como todo o mundo? 

Ás veces sinto un baleiro interior que non podo encher con outra cousa que non sexa a música. Teño algunha afección máis como beber, a natureza, as chavalas, o amor, soñar, comer, ver películas e ultimamente ler sobre todo literatura galega.

4- Cal é a túa opinión sobre a música e as bandas de Galicia. ¿Existe un «panorama musical» aquí? 

Ultimamente haiche unha boa chea de grupos e artistas que me gustan, seguro que me esquezo dalgún nome ou o escribo mal:

Franc3s, Santos, Homens, Samesugas, Telephones Rouges, Justicieros, Apenino, Thalassa, Vale Tudo, Novedades Carmiña, O Fillo Pausado, Schizoprenic Housewives, Mequetrefe, Tab…

De feito estase xestando facer un recopilatorio cheo de grupos frikis de ultima fornada que se chamará Galician Bizarre. A putada é que case que ninguén canta en galego, cousa que resulta difícil ó non haber case referentes nos que mirarse. Aínda que todo se andará…

5- ¿Como influe Internet a día de hoxe na música?

É espectacular, un regalo divino, a verdade. Agora calquera que estea minimamente interesado en abrir as súas orellas vai ter a oportunidade de facelo. Os que prefiren seguir aborregados ou son vagos pois seguirán igual escoitando o que lles marcan en cada momento. Antes tiñas que buscarte máis a vida grabando cintas dos colegas ou escoitando a radio.

6- ¿É certa a lenda de que coñeciches a Syd Barrett?

Algo certo é, cando estivo vivindo en Oseira e meus pais eran hippies.Viviamos nunha especie de comuna.

Moitas gracias!!

 

Escoita a Rafa en Internet nas súas múltiples facetas:

http://www.myspace.com/losiribarnes

http://www.myspace.com/jimenezdeloso
  

4 respuestas to “Rafa, alter ego do Señor Anido”

  1. onte mesmo estiven escoitando o Planeta Iribarne, moi grandes!

  2. serendipias Says:

    Eh cómo es posible, tiene mi chándal del cole!! qué mítico..

  3. Dios santo, ese nombre, «Planeta Iribarne», es como una rebelación. Señor Forragaitas, voy a instruirme en esa lengua de satanás que es el galego, palabra de Joputa.

  4. […] de saír do forno. Que opinan eles do movemento? “É unha entelequia que só vive na mente de Rafa Anido e dos Monstruo. Fóra de aí, non ten máis sentido que outros inventos como o gastropunk, o […]

Deja un comentario